domingo, 30 de noviembre de 2014

E COMO NOS VAI A CASETA?

Pois a caseta segue o seu curso, trátase dunha tarefa laboriosa, pois ten o seu traballoç. medidas, encaixe de pezas, pintado... pero cando hai gañas e ilusión, o traballo é máis levadeiro e non asusta a dificultade do mesmo!!
E xa non queda tanto, como podedes observar!!!









miércoles, 19 de noviembre de 2014

MAPAS PREDICTIVOS

Outra actividade que imos desenvolver é a de elaborar uns mapas predictivos do tempo que vai facer no noso concello de Nigrán.
Para elo, o primeiro que debemos de facer é : pois facer os mapas e buscar as iconas correspondentes a cada predicción
Empregamos a San Google Maps e cun proxector e cores xa os temos listos!!






martes, 18 de noviembre de 2014

PRIMARIA EN METEOPANXÓN

Como neste proxecto estamos todos implicados, os compañeiros de Primaria non ían ser menos e tamén se introduciron no mundo da Meteoroloxía, navegando desde a web de MeteoGalicia para coñecer conceptos novos coma anticiclón, borrasca, tipos de nubes,...





domingo, 16 de noviembre de 2014

A CASETA VAI TOMANDO FORMA!!

Continuamos coa elaboración da nosa caseta meteorolóxica. Pouco a pouco xa vai collendo corpo!!
Coidado cos dedos ao martillar!!






jueves, 13 de noviembre de 2014

XA TEMOS INSTRUMENTOS DE MEDICION!!

Onte, na sede de MeteoGalicia proporcionáronnos os instrumentos báasicos de medición que imos ter na nosa caseta meteorolóxica:
  • un pluviómetro, para medir as cantidades de auga precipitada
  • un termómetro de máximas e mínimas